O estudo do xogo dos bolos en Boiroaspectos históricos, estado actual de práctica e perspectivas de futuro
- Rodríguez Fernández, José Eugenio
- José Palacios Aguilar Director
- José María Pazos Couto Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 19 de setembro de 2013
- Pedro Gil Madrona Presidente/a
- Cristina López Villar Secretario/a
- Concepción Tuero del Prado Vogal
- Roberto J. Barcala Furelos Vogal
- Xurxo Dopico Calvo Vogal
Tipo: Tese
Resumo
O traballo de investigación recolle as particularidades da práctica do xogo dos bolos no concello de Boiro (A Coruña), o único municipio da provincia onde na actualidade se mantén vivo este xogo popular e tradicional, un dos máis practicados en todo o mundo nas súas diferentes modalidades e variantes. A primeira parte do estudo recolle a presentación global do traballo, os aspectos motivacionais que levaron ao autor a desenvolver a investigación neste campo, a súa xustificación e os antecedentes e estado da cuestión, onde na revisión bibliográfica realizada extraeuse que as referencias ao xogo dos bolos en Boiro era nulas. Na segunda parte faise referencia ao marco teórico do estudo, analizando as virtudes do xogo e concretando máis nun tipo particular deles: os xogos e deportes populares e tradicionais. Dentro do amplo abano de destes xogos, profundízase nun deles, o xogo dos bolos, facendo un percorrido pola historia e evolución en España, concretando máis o estudo na CCAA de Galicia. Realízase un estudo detallado nas catro provincias galegas e, sobre todo, no concello de Boiro. Na terceira parte, logo de contextualizar o lugar onde se realizou o estudo, expóñense os obxectivos da investigación e as características do deseño e estratexias metodolóxicas empregadas para a obtención de datos. Unha metodoloxía cualitativa, que emprega como principais ferramentas a entrevista individual, o cuestionario e a observación directa, recolle as características do xogo dos bolos en Boiro, analizando as causas que motivaron o seu paulatino decaemento ata a actualidade e establecendo propostas para a súa recuperación e conservación, análise na que interveñen antigos xogadores, técnicos deportivos municipais, políticos locais, técnicos dos medios de comunicación con maior difusión na bisbarra, mestres de Educación Primaria (especialistas en Educación Física) e profesores de Educación Secundaria (especialistas en Educación Física). Elabórase o primeiro regulamento do xogo, guía pola que actuais e futuros xogadores se poden basear e co que se garante o seu coñecemento no caso de que a tradición oral chegue a perderse. Remata o estudo coas principais conclusións, propostas, referencias bibliográficas empregadas e anexos.