Análisis de las acciones a balón parado en la Superliga China 2020saques de esquina y tiros libres indirectos
- Niu, Z.
- Antonio Ardá Suárez Director
- Iyán Iván Baragaño Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 08 de setembro de 2023
- Rubén Maneiro Dios Presidente
- Juan J. Fernández Romero Secretario/a
- María Teresa Gómez López Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A investigación sobre tiros libres indirectos é pouco frecuente no campo da análise do fútbol, e aínda que a análise táctica do fútbol chinés aumentou nos últimos anos, aínda hai un oco no estudo das xogadas a balón parado. Por este motivo, os obxectivos deste estudo foron: i) Describir a casuística dos saques de esquina e dos tiros libres indirectos, ii) Coñecer cales son os criterios que modifican o resultado, e iii) Descubrir a interacción de criterios que proporcionan unha maior probabilidade de éxito. A partir da metodoloxía observacional, analizáronse 160 partidos da Superliga Chinesa 2020. Para cumprir os obxectivos realizáronse dous tipos de análise: un bivariado mediante táboas de continxencia e outro murtivariante empregando un modelo predictivo de árbore de decisión. Mostráronse varios criterios que inflúen significativamente no resultado dos saques de esquina e dos tiros libres indirectos. A nivel multivariado, desenvolvéronse dous modelos de árbore de decisión. Nos saques de esquina observouse que a maior probabilidade de acerto se producía cando intervían 3-4 xogadores no ataque e o balón se enviaba á área rival por traxectoria aérea. No caso dos tiros libres indirectos, a maior probabilidade tamén se produciu cando 3-4 xogadores participaron na acción a balón parado. Estes resultados poden ser útiles á hora de propoñer estratexias na execución de accións a balón parado.